2013
![](http://blogmarks.net/screenshots/2013/06/21/9cee614cde3de91ebd11a2a2538ccf0d.jpg)
RAIA
Este proxecto é a consecuencia dunha estratexia común asumida polas dúas rexións no ámbito do mar. Conflúen neste proxecto, socios de carácter operacional e outros de carácter tecnolóxico e científico. En todos os casos, existen xa proxectos no ámbito da oceanografía operacional nos que participaron de xeito conxunto algúns dos socios, polo que existe xa un punto de partida na colaboración e no coñecemento no ámbito mariño. Os resultados destos proxectos para a rexión noroeste ibérica (algúns dos cales menciónanse máis adiante) estarán dispoñibles para os desenvolvementos expostos aquí.
2010
![](http://blogmarks.net/screenshots/2010/10/04/cbea6f9755a24bda32a758d8f22ebc2a.jpg)
Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo (CSIC)
Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo - Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
O Instituto de Investigacións Mariñas está adscrito a dúas Áreas Científico–Técnicas: Recursos Naturais e Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos, e estructúrase en catro departamentos: Oceanografía, Recursos e Ecoloxía Mariña, Biotecnoloxía e Acuicultura, e Tecnoloxía dos Alimentos.
![](http://blogmarks.net/screenshots/2010/10/04/02bae62d8dc53a918146f2ed38dfd807.jpg)
Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR
CETMAR é unha Fundación promovida pola Xunta de Galicia (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e Dirección Xeral de I+D) e o entón Ministerio de Ciencia y Tecnología (hoxe Ministerio de Educación y Ciencia).
Como entidade de encontro e cooperación interinstitucional, están presentes no seu Padroado, ademáis das entidades promotoras, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Vigo (UVI), o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Secretaría General de Pesca Marítima (MAPYA),o Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (CECOPESCA) e o Laboratorio Europeo de Referencia en Vigo (Ministerio de Sanidad y Consumo).
O obxectivo de CETMAR é contribuír a mellorar as condicións para o desenvolvemento sostible dos recursos mariños, e, neste marco, contribuír a mellorar a eficiencia dos sectores da pesca, a acuicultura, a transformación dos productos pesqueiros e todas aquelas actividades directa ou indirectamente relacionadas có uso e a explotación do mar e os seus recursos.
As súas principais estratexias oriéntanse á consecución dun maior grao de cooperación interinstitucional e integración interdisciplinar dos recursos de I+D do seu entorno, e unha maior implicación do sector productivo obxectivo no desenvolvemento de actividades de investigación, desenvolvemento, e innovación tecnolóxica.
![](http://blogmarks.net/screenshots/2010/06/15/c9c1d654a436f0c18d591443919c906b.jpg)
En galego tamén se fai ciencia
A defensa do galego vai máis alá do seu emprego literario ou da reflexión lingüística.
A defensa do galego inclúe tamén o seu uso cotián en todos os ámbitos da sociedade.
En espazos específicos de investigación, hoxe en galego tamén se fai ciencia.
1
(4 marks)